Tríptico
para Xela Arias, “Letras Galegas 2021”: Poema I dedicado a ela; II a ela e
Luisa Villalta e III ao seu pai.
I.
A XELA
ARIAS. IN MEMORIAM
Para ti, Xela Arias,
existente ou lembranza
-eu creo que existente
no máis alá e triunfante-
van estes versos meus
cheos de admiración
pola túa obra,
pola túa vida,
pola túa persoa.
Núa, valente, audaz,
limpamente sincera,
no teu fermoso e único
Tigres coma cabalos.
Profundamente oposta
a toda hipocrisía
na túa certeira e firme
Denuncia do equilibrio.
No teu Darío a diario,
alta, inefabelmente
maternal.
E co teu Intempériome
alcanzaches o cume
no de espires a alma.
Excelsa tradutora,
traduciches, tamén,
na túa vida
teus sentires en feitos.
Filla e mais nai,
irmá e compañeira,
familiar ou amiga,
clara autenticidade.
Cheguen a ti estes versos,
de sentida homenaxe,
coa miña admiración
invariábel.
Os
Tilos, 14 de agosto de 2004
Publicado
no libro “Xela Arias, quedas en nós” do 2004 e no meu libro “Poemas de amor,
loanza, condena e outros” do 2011.
II.
PARA
LUIS VILLALTA E XELA ARIAS. NA MIÑA ADMIRACIÓN E RECORDO IMBORRABLES
Ambas na gloria máis alta,
as dúas, extraordinarias,
digamos Luisa Villalta,
ou digamos Xela Arias.
As dúas, extraordinarias,
ambas na gloria máis alta,
xa digamos Xela Arias
ou súa par Luisa Villalta.
Combarro, 19/Setembro/2004
3ª Edición de "Poetas na Rúa"
Publicado
no meu devandito libro do 2011.
E III.
PARA O MEU GRANDE AMIGO E GALEGO
EXEMPLAR
VALENTÍN
ARIAS LÓPEZ
Namorado esencial da nosa Terra,
pedagogo de alta executoria,
premio galego e español, cal gloria
que a tradución á nosa lingua encerra.
Home de paz e nunca
home de guerra,
quixo a escola en galego fiel á Historia
dun pobo asoballado, sen memoria
que longa imposición, cruel, enterra.
Amigo dos amigos verdadeiro,
dunha fidelidade acrisolada,
humilde, agradecido, tesoneiro,
do seu mestre Avelino a emocionada
lembranza sempre, polo amor senlleiro
que tiña á súa Galiza silenciada.
Os Tilos, 14/09/2.013
Publicado
no meu libro “Loanzas sentidas e outros poemas” do 2018.
Xoán Xosé Fernández Abella
Os Tilos, 24/Abril/2021
0 comentários :
Danos a túa opinión