A illa das mentiras

Redacción. -

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continua coa programación do ciclo de cine galego proxectando nesta ocasión a película
finalista dos Premios Mestre Mateo’2021, A ILLA DAS MENTIRAS, da directora PAULA CONS, que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 15 de maio, ás 19:30 horas.

SINOPSE 
A ILLA DAS MENTIRAS
Dirección: Paula Cons
A noite do 2 de xaneiro de 1921 durante unha treboada o vapor Santa Isabel cargado con 269 persoas e con destino Bos Aires choca contra as rochas da Illa de Sálvora. Tomás, o xove fareiro da Illa escoita os berros e acode correndo á aldea para pedir axuda. Na Illa esa noite non hai homes, están celebrando o aninovo en terra firme. A esperanza de salvarse para os pasaxeiros está nas mulleres, vellos e nenos que hai na illa. Así que 3 mulleres novas, María, Josefa e Cipriana bótanse ao mar nunha dorna polbeira. Remando de oído sen ver nada en medio da néboa e as terribles ondas, loitando contra os propios náufragos que están a piques de tiralas ao mar varias veces, conseguen salvar a case 50 persoas. Para os xornais e o público acaban de nacer unhas “heroínas”. Esa mesma noite o garda da illa é asasinado nas rochas ao pé do mar en medio dun forcexo coas propias María e Josefa. As dúas van pagar moi caro ambas accións. O Naufraxio do vapor non só se leva por diante a morte de 213 persoas se non a tranquilidade e calma da pequena illa de Sálvora.

EQUIPO TÉCNICO
Título orixinal La isla de las mentiras
Directora Paula Cons
Produtor Victoria Aizenstat, Mauro Guevara, Luis Maras, Juan de Dios Serrano
Guión Paula Cons, Luis Marías
Intérpretes Nerea Barros, Aitor Luna, Darío 
Grandinetti, Victoria Teijeiro, Ana Oca, María Costas, Milo Taboada, 
Fotografía. Aitor Mantxola
Montaxe Julia Juaniz
Estrea 2020
Duración. 93 minutos
Xénero Thriller

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO POR MOTIVOS DE CONTROL DE AFOROS E OUTRAS MEDIDAS SANITARIAS, HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO BEN DIRECTAMENTE 
NA CASA DA CULTURA DE VILALBA. 

10 de maio de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión