Punto e aparte


Martín Seco García

Así se lle podería chamar ao triste sentimento que moitos vilalbeses temos despois do acontecido o pasado sábado 25 de outubro na asemblea do PSdeG-PSOE de Vilalba, onde se procedía a elección da nova dirección local. Cando moitos agardabamos que o proxecto encabezado pola doutora Veleiro fose un punto e seguido ao anterior liderado por Martín Seco Cendán, proxecto que pretendiamos rematara coa anceiada chegada da esquerda ao goberno de Vilalba, sobre todo despois da excepcional posición electoral que o PSdeG-PSOE conseguiu, coa compañeira Elba Veleiro ao fronte, nas eleccións municipais do 2007, resulta que debido as maniobras dalgúns dirixentes galegos e provinciais do partido e á insaciable ambición dalgún recen chegado fixeron saltar polos aires esa posibilidade. Seguro que moitos, preguntádesvos, que puido pasar para que se permitira, ou mellor dito, se impulsara dende algúns membros da dirección galega e provincial do noso partido, que tras o éxito das eleccións municipais do ano 2007, se lle roubara a Elba a posibilidade de dirixir un proxecto tan ben traballado e que a todas luces merecía capitanear?

Ante as informacións aparecidas nas últimas datas sobre este tema -discutibles moitas delas- e a falla de elementos de debate que teñen os veciños que se viron sorprendidos polo acontecido, véxome na obriga de aclarar moitos puntos que permitan ver con máis claridade o sucedido.

4 de nov. de 2008

6 comentários :

  • Supoño que será democrático perder unha votación, non sí? Parece que Martín está algo doído. Non agardaba unha derrota xogando na casa. Non se preguntará si hai ou non unha decepción polo liderazgo de Elba Veleiro.

    5 de novembro de 2008, 10:47

  • O anterior anonimo é evidente que é dos que votaron en contra de Veleiro e supoño que nunca conseguirá superar a Elba inda que esteña na dirección local do PSOE.
    A súa conciencia estrá tranquila, mais só por ter os petos máis cheos.
    Pena de Alcalde de esquerdas para 2011.

    5 de novembro de 2008, 19:38

  • Meu Deus, lendo o segundo comentario podería suceder que algún pense que Martín non sabe perder… de ser así, malamente podería presentarse nunha lista ás municipais de Vilalba cos socialistas que sempre fomos perdedores neste pobo (aínda que iamos millorando).

    Eu tamén son socialista, unha socialista abraiada da cantidade de afiliados que hai agora en Vilalba. Esto, en principio, sempre me produciría unha grande ledicia, ser cada día máis, poder gañar unhas eleccións municipais, ¡que bo plan!

    Pero a cousa non é o que parece, toda esta xente que chegou ó PSOE tralas eleccións autonómicas, algúns antes (vistos os sondeos), ¿quen son?. Estamos en Vilalba, todos somos coñecidos, amigos, familiares, amigos de familiares, amigos de amigos, etc ¿a quen imos enganar? Se o sábado pasado estiverades na asemblea algún de vós crería que sofre alucinacións. Eu mesma relatei isto nun café coas amigas e botamos unhas risas guapas. Veredes, entre estes novos fichaxes que gañaron a votación están: rapaces que coñezo de toda a vida que sempre se manifestaron a favor do partido popular, rapaces de máis idade que sempre se manifestaron a favor do partido popular abertamente, outros veñen do BNG algúns rebotados e outros non sei, algún deles ía todavía nas listas das municipais anteriores, tamén hai persoas ás que non se lles podía nin falar de política e moito menos do partido socialista, non se lles podía pedir nin o voto nin a asistencia a un mitin (e so era para que se informasen…), outros non sei si andarán a coleccionar carnets de partidos políticos, e tamén están outros dos que falarei logo…
    Poderiamos pensar que todos eles se deron conta agora de que o mellor proxecto é o socialista e decidiron apoialo, podería ser que algún o fixese agora porque antes estaba atemorizado, pero…¿todos eles á vez?, e ¿como pode ser que algún deles se declare “nacionalista” e milite no partido socialista? (que complicado). Eu opino que eles están no PSOE por un motivo que non ten nada que ver coa súa ideoloxía, por iso me parece tan grave que gañaran xa que penso que non son socialistas e tampouco o serán os seus proxectos nen as súas actuacións. Non sei moi ben que é o que son, aínda que creo, coma ti Martín, entender os seus intereses.

    De tódolos xeitos, hai un tempo pregunteille a unha coñecida -novo fichaxe- nunha reunión do partido: e ti… ¡anda! ¿que fas por aquí? ¿non sabía que eras socialista? (e que eu, claro, inocente de min, pensei:¡que ben! outra socialista neste pobo), a pobre muller baixou a cabeza púxose moi colorada e dixo: non eu non, é que hai que vir… E isto para min é o máis triste, que alguén venda o seu pensamento, os seus principios, a súa ideoloxía… quen sabe porque, a que ten medo, non sei que pode ser e ¡non o entendo!. Estamos andando ó revés, non remataran xa eses tempos… Esto é Martín o que a min máis me doe, non tanto os amigos que van votar polo coleguilla, xa que: son amigos, senón estes outros que “teñen que ir votar”.

    Por certo Martín, grazas por este artigo.

    6 de novembro de 2008, 01:55

  • Eu son o primeiro dos anónimos que contestou á mensaxe de Martín. Nunca na vida votei socialista español, e por suposto non militei no partido que fundou Pablo Iglesias. Pero sí son demócrata de toda a vida e vexo que cando un perde unha votación...atúfalle a democracia. Ao mellor o 2º e 3º anónimos son dos que cren que o seu voto vale máis ca o dun sen teito, e aí é onde se tambalean os seus principios.

    7 de novembro de 2008, 11:21

  • Como non volva a encabezar a lista Elba Veleiro, nas vindeiras eleccións, o PSOE vilalbés retornará as antípodas políticas.

    19 de novembro de 2008, 17:15

  • S0n o 2ªanónimo e creo que o meu voto vale oexactamente o mesmo que o teu.
    OLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLOOOOOO.
    Hai unha diferencia,moi notoria, e é que non dou votos en asambleas manipuladas escandalosamente.Eu só voto nas eleccións a cargos públicos,o que me pareza máis conveniente e dependendo de que eleccións señan, e ademáis non me levo nada no cazo nin teño prebendas de ningunha caste.Simplesmente son un votante que exerce e punto.E polo que leo coido que xa estou a facer demáis.

    25 de decembro de 2008, 19:55

Danos a túa opinión