III Encontro Galego de Custodia do Territorio

Redacción.-

Os vindeiros 31 de xaneiro e 1 de febreiro no C.E.N "Casa das Insuas" de Rábade (Lugo) celebrarase o III Encontro Galego de Custodia do Territorio.

O primeiro día do encontro, venres 31 pola tarde, proxectarase o documental “ A Mesma Terra”, unha produción de Fonsagrada Producións (do grupo Fílmax, creadores do programa “Cos pés na terra”) e Televisión de Galicia, realizado por Iago Mazoy, con guión de Anxo Vázquez, Iago Mazoy e Pepe Coira". Isto será o punto de partida dunha reflexión colectiva sobre o abandono de terras en Galicia e as súas implicacións na conservación da natureza e a paisaxe.

O contido deste documental presenta de forma moi acertada a idiosincrasia e a problemática, social, económica e ambiental, do abandono de terras no noso País, pode servir de fío argumental para tratar de debullar os principais retos territoriais aos que se enfronta a custodia do territorio en Galicia. Neste senso, plantéxase unha xornada inaugural, onde o documental teña un papel central e introduza un debate con algúns dos expertos entrevistados na película e outros expertos que complementen as análises verquidas neste traballo.

Ao día seguinte, sábado 1, continuará o evento cunha xornada máis centrada en aspectos técnicos e de aplicación práctica para a custodia do territorio.

29 de xan. de 2014

0 comentários :

Danos a túa opinión